|
Domingo Docampo, doutor en Matemáticas pola Universidade de Santiago en 1984, é desde 1992 catedrático no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo, institución na que foi reitor de 1998 a 2006. Foi Profesor Visitante no EECE Department da University of New Mexico, Albuquerque, NM, EE.UU,en 1990, 1995 e 2006. Foi Presidente da Fundación Empresa-Universidade de Galicia, FEUGA, de 1998 a 2004. Foi nomeado Socio de Honra da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia en 1998. Foi Presidente da Subcomisión de Ensinanzas Técnicas do Consejo de Coordinación Universitaria. Foi vogal da Comisión Permanente da Conferencia de reitores das universidades españolas, CRUE, Presidente da súa comisión sectorial de I+D e do seu Grupo de Converxencia Europea. En 2006 recibiu a primeira medalla de ouro dos Consellos Sociais das universidades españolas. Coordinou o programa IMAN da Xunta de Galicia nos anos 2008 e 2009. Desde marzo de 2008 a decembro de 2010 foi presidente da comisión específica para a avaliación de titulacións e programas de AQU Catalunya. Desde agosto de 2009, é presidente da comisión de avaliación de títulos de enxeñería e arquitectura de ACSUCYL . Desde maio de 2011 é o Delegado do reitor para o Campus Dixital, dentro do Campus do Mar |
|---|
|
|
||
|---|---|---|
| |
| |
|---|---|---|
![]() | Copyleft © 2012 Domingo Docampo. Comentarios Volver arriba |
|---|